Chans co mundo nas mans

Este ano o proxecto do Centro chámase:
 "Chans co mundo nas mans"


O noso obxectivo principal vai ser o achegamento a outros paises coa finalidade de fomentar o seu coñecemento, situación, cousas máis relevantes...e xerar respecto e tolerancia cara as outras persoas e realidades culturalmente diferenciadas. 
A paisaxe, a lingua, a comida, o xeito de vestir ...distinguen a unhas persoas de outras paro hai algo que é común  a todas:
 Os sentimentos.
O segundo ciclo de primaria ten que viaxar a Sudamérica.
E ...cómo o soubo? Pois por unha postal que mandounos o trasno despois de leela investigamos e descubrimos que a 2ºA escribiulles desde Arxentina e a 2ºB desde Perú.
Despois de descubrilo pegamos a nosa postal no mapa mundi da entrada a escola. 


Seguimos buscando información , esta vez na biblioteca de Chans



Este rap pode servirnos de axuda para aprender os continentes, e meternos no novo proxecto de Chans.




Xogos xeográficos.





"Chans, co mundo nas mans"

Comezamos  a nosa viaxe polo mundo. O noso amigo o Trasno enviounos unha postal na que nos di que grazas ao encantamento da bruxa Maruxa é quen de viaxar  de aqui para alá nun "chiscar de ollos". Xa sabedes onde está o Trasno?


UN TRASNO POLO MUNDO on PhotoPeach






E seguimos coa nosa viaxe polo mundo da man do Trasno, neste caso chegou as aulas unhas "bolas do mundo" cunha menxase nelas.O Trasno pedíanos axuda xa que despois de coñecer tantos paises facíase un lío cos cartos, idiomas, xentilicios....por iso precisaba axuda para lembrarse destas cousiñas.
E como non cada aula esmerouse en que o Trasno non dubidara nunca máis!


DESCUBRINDO..... on PhotoPeach

Día da poesía en Chans.

A poesía serve para recitar,  cantar, bailar,  sentir , gozar..... Os nenos e nenas de Chans celebramos este día escribindo versos  dos lugares que estamos a percorrer co proxecto "Chans co mundo nas mans"e bailando danzas típicas destes países. Nesta xornada compartimos os nosos versos e danzas viaxeiras con todos e todas.










GUÍA ILUSTRADA DO VIAXEIRO CURIOSO

De novo o Trasno púxose en contacto con nos pedindonos a nosa colaboración. Como esqueceu a súa cámara de fotos no Pouso, pediunos que lle enviaramos imaxes das cousas máis curiosas e chamativas do país que estamos percorrendo. 
Con todas as nosas achegas faremos unha guía ilustrada para que cando esta viaxe remate, poidamos lembrar a nosa experiencia viaxeira.








SOMOS O QUE COMEMOS

E a piques de rematar a viaxe polo mundo, o Trasno pediu de novo a nosa colaboración: enviarlle receitas de pratos típicos dos paises que percorreu para convidar a toda a xente que coñeceu. Benvido Trasno a Chans 

SOMOS O QUE COMEMOS on PhotoPeach
Esta é a nosa aportación a revista "A xanela " do cole.


Xa temos o mapa de Sudamérica completo, e nel está toda a información de Arxentina e Perú recadada.


Ningún comentario:

Publicar un comentario