Emotichans

Nesta páxina do blogue vai quedar reflectidas as actividades que estamos a realizar durante o curso 2013-2014 do proxecto de centro chamado "Emotichans", este proxecto xurde do departamento de linguistica conxuntamente coa biblioteca e vaise levar a cabo por todo o alumnado do centro.

A primeira actividade que imos a levar a cabo no centro  vai ser a elaboración dun  eslogan, para conseguilo, as aulas chegou unha carta dende a biblioteca pedindo cooperación , fíxose un concurso e del saíu o eslogan que vai representar o proxecto "Emotichans"


PhotoPeach
E o gañador... 


Seguimos traballando as emocións  básicas para elo o alumnado de 1º analizamos os cambios que se producen na nosa expresión facial según a emoción que esteamos a sentir, falamos, vimos fotos,e pouco a pouco as chegamos a recoñecer xestualmente.
Para demostralo fixemos o seguinte xogo:
.-Cada alumno/a tiña que pensar nunha emoción e como debería poñer a súa cara si a sentise.
.-Unha vez pensado en absoluto silencio irían polo estudo das fotógrafas Raquel e Marta onde serían fotografiados dese xeito.
.-As fotógrafas nas clases proxectaran cada unha das fotografías e entre todos e todas temos que adiviñar que é o que están a sentir os nosos compañeiros e compañeiras.
 Terá que estar argumentado según as conclusións as que chegaramos nas 1º sesións.
exemplo:-pois eu creo que Manu está asustado porque ten os ollos moi abertos así como a súa boca, as cellas parece que están un pouco levantadas...
.- Despois de escuchar as argumentacións escoitarase ao autor ou autora que explicará o que intenta comunicar e de que xeito

ALEGRÍA, MEDO, SUSTO,ENFADO.


DÍA DOS EMOCIONADOS/AS.
E chega o día dos "Emocionados"como o imos celebrar?
Saímos todo o alumnado e o profesorado ao patio, coas música bailamos e cando para temos que deternos completamente, como estatuas, e escoitar a orde a cal temos que obedecer cando empece a música de novo  teremos que seguir bailando para volver a empezar.
Así fixemos cara de susto, medo,alegría, apertas de oso, sanwich....
Foi xenial e pasámolo moi ben.
E ahí vai a proba



Presentación de diapositivas: D�A DOS EMOCIONADOS/AS - Diapositivas

Tamén xogamos cós emoticonos que coñecemos e elaboramos os nosos "Emotichans".










TRABALLAMOS A PICASO.

UN ARTISTA NA ESCOLA COA COLABORACIÓN EDUCABARRIÉ.
Despois de ler un libro sobre Picaso soubemos que foi un pintor impresionante que pasou por diferentes etapas ou xeitos de pintar.
Un deles foi o : " Periodo azul"
Nel pintaba case todo con cores azuis, eran cadros a súa maioría tristes, e nós quixemos probar a pintar coma él.
Nas nosas paletas soamente tiñamos as cores: azul, negro e branco e a partir destas cores inventamos outras e pintamos os nosos cadros da "Etapa azul" ou periodo triste.
Despois estivo máis contento e pasou ao "periodo rosa" no que pintaba moitos arlequíns. Nós coa paleta chea de vermello, branco, negro e amarelo tamen pintamos cadros da nosa "etapa rosa".

E por fin o día 26 chegaron Iria e Pancho dous artistas que nos ían a explicar o "Cubismo" de Picaso e este foi o resultado da súa visita:







Despois propuxéronnos un traballo en pequeno grupo.

Trátase de elixir un dos cadros individuais dos compoñentes do grupo entre os integrantes do mesmo.

Unha vez o temos elixido de forma rotatoria terán que ir recortando a parte que máis lles guste do cadro elixido.


Cando tiñamos as catro partes recortadas colleremos un folio Din3 onde as pegaremos e despois entre todo o equipo se rematará o cadro.


Para rematar cada grupo amosará o seu retrato os demais e explicará o título que lle puxeron,a composición cromática da obra , as emocións que quixo plasmar e por que.
E este foi o resultado do traballo.








Paula y su pelo multicolor



Que emocións están a sentir estes personaxes?




Posibles solucións aos nosos medos.












Solución para non ter medo aos ruidos.






Corto "A lúa"

Traballo sobre o corto "A lúa" onde faise incapié na autoestima e aceptación dun mesmo e dos demais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario