Wirapacha.
E seguimos utilizando as tablets neste caso o programa puppet edu para facer o conto de wirapacha.
Unha experiencia coas tablet
Este ano estamos a traballar coas tablets na aula en lingua fixemos a seguinte experiencia:
1.- Limos o conto de Pedro e a lúa na aula entre todos e todas.
2.- Comentamos o conto e o seu contido, personaxes...
3.-Xuntamos por parellas e mediante a técnica de "folio xiratorio" escribimos o diálogo que podían ter os personaxes do conto.
4.- Coa axuda das profes Marta e Heidy correximos os erros do escrito.
5.-Practicamos o diálogo entonando e vocalizando ben.
6.- Unha vez temos dominado a entonación, vocalización e o tono de voz axeitado o aprendemos de memoria.
7.-Utilizamos a aplicación Sock Puppets: Eleximos os personaxes , o decorado e nos grabamos.
O resultado foi xenial! Gustounos moitísimo a experiencia!
Un novo lugar, una nova lingua.
Proxecto de iniciación á lingua galega para alumnado inmigrante.
A intención é que os nenos e nenas aprendan o galego de xeito natural, partindo
de todo aquelo que van ter a necesidade de utilizar. O fío condutor da unidade é un conto.
A intención é que os nenos e nenas aprendan o galego de xeito natural, partindo
de todo aquelo que van ter a necesidade de utilizar. O fío condutor da unidade é un conto.
Xogo para crear os teus comics.
O substantivo
Mediante a realización de estas tarefas sobre o substantivo a/o alumna/o está poñendo en práctica a lectura, a escritura, a comprensión lectora o que fai que vaia adquirindo unha maior competencia en comunicación lingüística.
A dislexia: Intervención nas alteracións da lectura
Actividades para traballar as dificultades coa lectura. Son exercicios divertidos, que van axudar a mellorar o ritmo de lectura. O tema central destas actividades son os animais.
Traballar a rima e as poesías e utilizar as tablets.
Tarefa do area de lingua
Obxectivo principal:Ser capaz de
elaborar unha rima para lela na celebración do día da poesía no centro
Actividades:
-Lectura na aula de distintos libros de
poesía.
-Traballar con palabras que rematan igual
-Facer pequenas rimas xogando cos seus
nomes
-Buscar palabras que rimen entre si
-Por parellas e coas tablets intentar
escribir dous pareados
-Correxir as faltas e aprender a
pronuncialo e leo adecuadamente.
-Utilizar o programa ChatterKid con
autonomía e grabalos.
Outras rimas en:
https://drive.google.com/drive/u/0/folders/0B5-lf__rVygnfi1JbzdRdHVPZjBJRkhFaThBZ3ZVMzVqT3NFYWlCaXVPR3FlQ0E4a2Q3T2M
Ningún comentario:
Publicar un comentario