luns, 3 de febreiro de 2014

Video do día da Paz "MEU AMOR ESTOUPA".

Nestes días os nenos e nenas de Chans puxemos especial atención en dar e recibir apertas : “apertas de oso, de meixela, apertas de grupo, apertas de corazón”... Sabiades que todos precisamos un mínimo de catro apertas ao día para sentirnos ben? As apertas son o mellor xeito de expresar o que sentimos, axúdannos a escorrentar os nosos medos, alimentan os sentimentos de amor, son sans gratificantes e…de balde. Un abrazo ou unha aperta fai e di moitísimo. Abraza ao teu amigo/a, abraza ao teu ser querido, abraza aos teus nenos/as, abraza aos teus vellos, abraza a ,..abrázao todo!

"APERTAS POLA PAZ" Este é o título que ten "o día da paz 2014" no colexio de Chans.
 Imos a dedicalo as apertas , o alumnado do 1º ciclo durante toda a semana sairon ao patio a dar apertas de balde, o luns 1ºA deu apertas de balde de oso, o martes 2ºB de meixela, o mércores 2ºA apertas de sanwich e o xoves 1ºB apertas de corazón  e a persoa que recibía estas apertas se lles puña unha pegatina. Pasamolo xenial dando e recibindo apertas!


apertas dá Paz on PhotoPeach




Despois do recreo o día 30 de xaneiro  todo o colexio festexou este día.

Ningún comentario:

Publicar un comentario