"A nena e o grilo nun barquito"
Maxín Branco é un músico do oriente ourensán que a finais dos oitenta despregou unha curta pero substanciosa carreira con "La Rosa", un grupo de pop melancólico e enérxico, tras iso abordou unha carreira en solitario que deu discos marabillosos .
Na súa visita aos nenos e nenas do 1º ciclo do cole de Chans , contounos que sufriu un accidente que o imposibilitou para tocar a guitarra. Alguén sen coraxe tería abandonado, pero dende logo Maxín non; Maxín seguiu e para elo inventou un xeito novo de tocar a guitarra , adaptado aos seus dedos sen articulacións .Vimos como tocaba coa súa guitarra tumbada enriba das pernas e cantunos varias cancións do seu disco "A nena e o grilo nun barquiño", tamen cantamos con el a canción "doutor".
Foi moi divertido!
Ningún comentario:
Publicar un comentario